No mes de novembro xúntanse moitas tradicións arraigadas de Galicia, coma o Magosto. A continuación podedes ver a celebración que tivemos no colexio.
Outras tradicións que acolle este mes son tamén a matanza do porco ou o Día de San Martiño. Gravamos un programa de radio sobre estes e máis acontecementos. Podedes escoitalo premendo aquí:
O 25 N é, por desgraza, unha data sinalada tamén no calendario. Coñecemos a orixe do día e o papel de mulleres que, ao longo da historia, loitaron polos dereitos e liberdade da muller.
Como estamos traballando a cultura popular este curso, elaboramos unhas regueifas reivindicativas que podedes ver no seguinte vídeo:
Novembro tamén é o Mes da Ciencia. Por este motivo visitamos o laboratorio de Secundaria. Alí vimos, a través dos microscopios, células de distintos seres vivos como algas ou protozoos. Como nos gustou!
No hay comentarios:
Publicar un comentario