martes, 31 de octubre de 2023

Samaín

   Comezamos a conmemoración do Samaín gravando na radio un conto arrepiante. Nel falamos dunha das lendas máis populares de Galicia, a da Santa Compaña. Está ambientado nunha das parroquias de Cabana de Bergantiños. Queredes saber cal é? Premede no vídeo!


     A aula de 3º encheuse de seres diabólicos no día máis terrorífico do ano.




lunes, 16 de octubre de 2023

Día das Escritoras

    Para conmemorar o Día das Escritoras gravamos un programa de radio onde repasamos a vida e obra dalgunhas escritoras galegas. Desde Matilde Vilariño, veciña de Borneiro, ata a escritora galega máis universal: Rosalía De Castro.

    

 Gustounos moito ir á radio e exercer de locutores/as. 



Tamén fixemos un pequeno traballiño para coñecer algo máis do legado de escritoras recoñecidas.







Entre sons e palabras

  Conmemoramos o Día das Letras Galegas gravando dous programas de radio sobre a autora homenaxeada este ano: Luísa Villalta.  No primeiro ...