Hoxe tivemos o privilexio de entrevistar en Ondas revoltas a
escritora María Canosa. Contounos un pouco de todo, desde a súa paixón por escoitar historias desde que era cativa, ata a súa admiración pola xente da cultura que traballa, lonxe do foco, e mantén viva a nosa identidade galega. E, por suposto, aproveitamos para preguntarlle algunha cousiña sobre o libro que acabamos de ler e do que é autora, A cazadora de estrelas.
Podedes escoitar a entrevista completa premendo no vídeo:
Despois tivemos todo o grupo un encontro con ela na biblioteca. Falounos da importancia da lectura para a vida e respondeunos a todas as nosas preguntas. Estivo encantadora!
No hay comentarios:
Publicar un comentario