jueves, 4 de abril de 2024

Entrevista a María Canosa

   Hoxe tivemos o privilexio de entrevistar en Ondas revoltas a
escritora María Canosa. Contounos un pouco de todo, desde a súa paixón por escoitar historias desde que era cativa, ata a súa admiración pola xente da cultura que traballa, lonxe do foco, e mantén viva a nosa identidade galega. E, por suposto, aproveitamos para preguntarlle algunha cousiña sobre o libro que acabamos de ler e do que é autora, A cazadora de estrelas.

   Podedes escoitar a entrevista completa premendo no vídeo:


   Despois tivemos todo o grupo un encontro con ela na biblioteca. Falounos da importancia da lectura para a vida e respondeunos a todas as nosas preguntas. Estivo encantadora!





"Nos libros hai que entrar con ganas para decatarse de todo. Non chega con meter só un pé, hai que enfangarse ben".
María Canosa






Entre sons e palabras

  Conmemoramos o Día das Letras Galegas gravando dous programas de radio sobre a autora homenaxeada este ano: Luísa Villalta.  No primeiro ...