jueves, 20 de junio de 2024

Fin de curso

    O curso chegou a súa fin... e aquí deixo unhas imaxes que o resumen.

Felices vacacións!    

viernes, 17 de mayo de 2024

Entre sons e palabras

  Conmemoramos o Día das Letras Galegas gravando dous programas de radio sobre a autora homenaxeada este ano: Luísa Villalta. 
No primeiro deles, repasamos a vida da escritora.


No segundo programa incluímos fragmentos da súa obra.



E, por último, elaboramos uns versos dedicados a este 17 de maio.








Feliz Día das Nosas Letras!


 

sábado, 4 de mayo de 2024

Saída a Padrón

 Onte tivemos unha saída pasada por auga, pero iso non nos impediu desfrutar. Despois de visitar a Casa- Museo de Rosalía de Castro, convertémonos nuns intrépidos aventureiros/as no Galipark.

Podedes ver un resumo da saída no seguinte vídeo:


jueves, 4 de abril de 2024

Entrevista a María Canosa

   Hoxe tivemos o privilexio de entrevistar en Ondas revoltas a
escritora María Canosa. Contounos un pouco de todo, desde a súa paixón por escoitar historias desde que era cativa, ata a súa admiración pola xente da cultura que traballa, lonxe do foco, e mantén viva a nosa identidade galega. E, por suposto, aproveitamos para preguntarlle algunha cousiña sobre o libro que acabamos de ler e do que é autora, A cazadora de estrelas.

   Podedes escoitar a entrevista completa premendo no vídeo:


   Despois tivemos todo o grupo un encontro con ela na biblioteca. Falounos da importancia da lectura para a vida e respondeunos a todas as nosas preguntas. Estivo encantadora!





"Nos libros hai que entrar con ganas para decatarse de todo. Non chega con meter só un pé, hai que enfangarse ben".
María Canosa






viernes, 22 de marzo de 2024

Actividades de marzo

 O  pasado 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía escribindo as nosas primeiras estrofas con temática da primavera. Podedes ver a Parte I neste vídeo:

 

Asistimos ao concerto "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera.
                      
Por outra banda, na clase de Plástica estivemos traballando a obra do artista Pet Mondrian. Serviunos de inspiración para elaborar as tarxetas polo Día do Pai.


Esta mañá fomos ao salón de actos do colexio ver a obra "O mundo ao revés". Unha actividade sobre a igualdade organizada pola ANPA.


E, mentres tanto, as nosas plantiñas seguen crecendo...










viernes, 8 de marzo de 2024

María Pita

 Esta semana fomos á radio para gravar un podcast, con motivo do Día da Muller. Nesta ocasión decidimos aprender a historia dunha heroína galega. Queredes coñecela? Premede no vídeo.



viernes, 23 de febrero de 2024

Día de Rosalía


Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía no centro. Cada curso fixo a súa particular homenaxe. Nós repasamos a súa vida, narrando e recitando algúns dos fragmentos da súa obra. Podedes ver a actuación no seguinte vídeo:



Elaboramos tamén un mural con algúns dos seus poemas máis coñecidos de Cantares gallegos e de Follas novas.

E, por último, preparamos para a actuación unhas tarxetas decorativas.


Fin de curso

    O curso chegou a súa fin... e aquí deixo unhas imaxes que o resumen. Felices vacacións!