O pasado 21 de marzo conmemoramos o Día da Poesía escribindo as nosas primeiras estrofas con temática da primavera. Podedes ver a Parte I neste vídeo:
Asistimos ao concerto "La leyenda de Armonía" no Palacio da Ópera.
Por outra banda, na clase de Plástica estivemos traballando a obra do artista Pet Mondrian. Serviunos de inspiración para elaborar as tarxetas polo Día do Pai.
Esta mañá fomos ao salón de actos do colexio ver a obra "O mundo ao revés". Unha actividade sobre a igualdade organizada pola ANPA.