martes, 30 de enero de 2024

Aprender para unha Paz duradeira

 O pasado 24 de xaneiro celebrouse o Día da Educación, e hoxe o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Ambas estreitamente ligadas.

   Fixemos na aula un pequeno traballo sobre algúns líderes activistas que loitaron contra as inxustizas con métodos pacíficos. 

Despois o alumnado de Proxecto Competencial gravou un programa de radio sobre eles. Preme para escoitalo!



viernes, 26 de enero de 2024

Ciencias

   Como sabedes, en Ciencias Sociais estamos aprendendo sobre as capas da atmosfera. Concretamente estes días traballamos sobre o tempo atmosférico e os seus elementos. Por iso hoxe puxémonos na pel de meteorólogos/as para dar a predición do tempo desta fin de semana. Queredes coñecer que tempo nos espera nas vindeiras horas? Premede o vídeo.


E en Ciencias da Natureza plantamos sementes para ir observando a evolución das plantas.

Algunhas das plantas xa comezaron a desenvolverse.


Fin de curso

    O curso chegou a súa fin... e aquí deixo unhas imaxes que o resumen. Felices vacacións!